Exoesqueleto con marca española
O principal obxectivo do proxecto de investigación HYPER é mellorar a calidade de vida de pacientes que teñen unha mobilidade limitada, acelerando tamén o proceso de recuperación desas persoas que sofren de discapacidade motora.
No proxecto, levado a cabo por IK4 xunto con HYPER, desenvolveron un prototipo de exoesqueleto encargado de motorizar os movementos do brazo, realizando unha estimación de alta precisión da postura en tempo real ao mesmo tempo que emprega a realidade virtual para recrear situacións da vida cotiá, para axudar así na rehabilitación de pacientes con ictus ou lesión medular.
Nesta iniciativa, por primeira vez con marca española, a Alianza Tecnolóxica IK4 xunto co CSIC, puxeron en en marcha un proxecto en 2010 logrando desenvolver sistemas que facilitan novas terapias de rehabilitación e novos sistemas de compensación da marcha en pacientes con lesións medulares ou infartos cerebrais. Despois de explorar o potencial da realidade virtual do proxecto, desenvolver sensores que se inseriran nas próteses e medisen a presión para responder con máxima naturalidade ao movemento ordenado polo paciente, foi no mes de febreiro cando, no Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo tiveron a proba un prototipo con 10 pacientes con lesión medular.
Agora, o seguinte reto é conseguir validar as terapias desenvolvidas en ensaios clínicos con poboacións de pacientes amplas e a explotación comercial destas solucións.