Existen os OVNIS?
Un astronauta da NASA (Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo), de orixe chino, nomeado comandante da Estación Espacial Internacional en 2005, dixo recentemente que veu un OVNI (Obxecto Voador Non Tripulado), debido a un dos seus paseos espaciais hai uns anos; concretamente, veu unha serie de luces en fila que viaxaban polo cosmos.
Leroy Chiao, o astronauta, fixo público este feito durante a emisión do programa “Estamos Sós?”, da cadea estadounidense Sci, que dedica algunhas das súas emisións aos “Archivos Secretos da NASA”.
Entrando en máis detalles, di que, durante a súa intervención, estaba a, aproximadamente, 370 km da Terra, instalando unha nova antena de navegación, cando de pronto, algo estrano chamou a súa atención: “Eran unhas luces que parecían estar en liña, vinas voando e pensei que era moi estrano”, palabras textuais do astronauta, diante das cámaras. Ao lado del, estaba o cosmonauta Salizhan Sharipov, pero non puido ser testemuña, debido a que estaba orientado na dirección contraria.
Debido a esta aparición do OVNI, o debate da existencia da vida fora do noso planeta comezou a por en problemas todas as teorías anteriores de que non podía existir a vida lonxe do noso planeta. En cambio, o astronauta, di que ten a mente aberta á posibilidade de que haxa vida noutro punto do universo, sen ter que ser na Terra, senón, que pode haber noutro planeta, lonxe a nós, que non o puidemos demostrar, ou non sabemos da súa existencia. “Se hai vida aí fora, implicaría que, en canto a tecnoloxía, están moito máis avanzados ca nós, e saben como percorrer cortas distancias en pouco tempo”, dixo Chiao, tamén no programa.
Outros din que puido ver algún reflexo dalgunha das súas máquinas, ou propios reflexos del, pero isto é case imposible. “Por qué non veñen e simplemente se mostran?”, grande pregunta de Chiao, que posiblemente provoque, xunto con todos os que participan nestes debates (científicos, periodistas, profesores e outro tipo de persoas), causen unha pequena revolución no ámbito científico espacial.