A evolución química terrestre

29 Abril 2014
evolución química

A evolución química comprende unha serie de procesos químicos que consisten en cambiar compostos inorgánicos simples en compostos orgánicos complexos.

Isto foi posible na Terra grazas a conversión da enerxía cinética e a calor da luz solar en enerxía química para formar enlaces que constituíron moléculas grandes e complexas e logo compostos dando lugar, pouco a pouco, á atmosfera e ao océano.

Aínda non se sabe como esta evolución deu orixe á evolución biolóxica, pero os científicos cren que unha molécula complexa evolucionou ata ser capaz de autorreplicarse dando lugar á vida. Finalmente, una destas moléculas rodeouse dunha membrana comezando así a vida celular.

Os científicos din que ambas evolucións, a química e a biolóxica, tiveron lugar nos océanos terrestres primitivos.

Nun principio, a terra presentaba unha codia moi quente debido a actividade volcánica e aos bombardeos dos meteoritos, co cal, a auga das chuvias non chegaba a acumularse porque se evaporaba instantaneamente. Pero co paso do tempo, a temperatura descendeu permitindo que se fosen acumulando pequenas cantidades de auga líquida na superficie terrestre. A chuvia seguiu caendo torrencialmente durante séculos dando lugar aos océanos.

Á composición da auga complementáronse varios sales e minerais que se atopaban na codia, cuxa concentración foi aumentando debido a erosión das montañas e ás diversas erupcións volcánicas.

Estes océanos primitivos permitiron a síntese prebiótica: grazas a enerxía achegaada pola radiación ultravioleta do Sol e ás descargas eléctricas das constantes tormentas, pequenas moléculas dos gases da atmosfera -que por aquel entonces só eran metano, amoníaco, hidróxeno e vapor de auga- deron lugar a unas moléculas orgánicas chamadas prebióticas. Estas moléculas eran aminoácidos e ácidos nucleicos que pouco a pouco foron evolucionando e diversificándose dando comezo á evolución biolóxica.

evolución química1