A esperada posta en marcha do LHC faise agardar
A posta en marcha deste gran proxecto da física en común terá que agardar debido a un problema nuns dos imáns que recorren o anel do acelerador de 27 km de circunferencia.
O LHC ou Large Hadron Collider, é gran acelerador de partículas, o máis grande do mundo, e atópase a uns cen metros de profundidade entre a fronteira Franco – Suiza, e dende a súa construcción permitiu illar átomos de antimateria para ser estudados e o achado do Bosón de Higgs, entre outros. En setembro do 2008 o LHC detívose, debido a un problema de sobrequentamento nunha conexión entre cables superconductores, unha reparación que durou oito meses e implicou un custo económico de 30 millóns de euros, volveuse a poñer en marcha e produciuse o achado do Bosón de Higgs e novamente cesou a súa actividade no 2013/2014 para realizar reparacións e melloras que lle permitan ao LHC operar a maior enerxía, a 14TeV a partir de 2015, descubrindo neste ano un curtocircuíto que afecta a algúns dos imáns superconductores que teñen a importante función de curvar e focalizar os feixes de protóns que se fan impactar no centro dos detectores con varios fins, como recrear as condicións do Big Bang.
Un dos principais problemas á hora de ter que realizar unha reparación neste xigante da física radica en que a condición de superconductor dos materiais superconductores rolda temperaturas próximas ao cero absoluto, 1,9 K que serían aproximadamente uns – 271.15ºC, para acadar estas temperaturas tan baixas ademáis de empregar varios illantes térmicos emprégase helio liquído, polo que á hora de realizar unha intervención hai que quentar o acelerardor para despois da reparación volvelo a arrefriar para poder poñelo en marcha; xa que a marxe de temperatura que proporciona a condición de superconductores é moi estreita, e foi debido a esta pequeña marxe o acidente ocorrido no 2008 que afectou a un bo tramo do LHC e polo que precisa dun constante control para evitar que unha anomalía deste tipo deteña unha investigación deste calibre.