Esencia das ría Baixas

Jorge J. Candán amósanos a vida e o traballo nas nosas rías
7 Septembro 2014
esencia das mareas

Achegamos un enlace cun video que merece a pena coñecer, un traballo do galego Jorge Candán, campeón mundial de video submariño.

O documental, realizado por encargo da empresa Frinsa, amósanos en 17 minutos as formas de comportamento de algunhas especies das nosas rías (berberechos, navallas, ameixas, volandeiras, xibas, polbos, mexillóns…) e a súa captura polos pescadores e mariscadores.

Segundo palabras do autor “O documental reflicte o compromiso coa sostenibilidade e paréceme moi importante porque para conservar o mar hai que coñecelo e respectalo, polo que é imprescindible a educación medioambiental”.

Jorge Candán leva máis de 20 anos traballando nos fondos mariños e moitos dos seus traballos foron publicados en revista de prestixio.

ALGÚNS VIDEOS DESTACADOS:

Jorge J. Candán

Pulsaciones oceánicas 

La voz de la ciencia, para o Euro-Oceans.

Mar de estrelas, a súa produción máis galardoada.

Prometeo encadenado, coa que gañou o último campeonato mundial de video submariño.

Mar de un bosque encantado , primeiro premio do 37º Ciclo de Cine Submariño de San Sebastián.