Einstein a debate

3 Outubro 2011
Einstein

Tras décadas estudiando e observando o comportamento dos neutrinos, partículas subatómicas de pouca masa e que raramente interaccionan coa materia, déronse, nestes días, no Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), uns resultados que poden ser satisfactorios ou incómodos.

Despois de anos de experimentos, o equipo científico que traballa co detector subterráneo Ópera, chegou a unha conclusión que deixaría en cuestión todos os principios da física moderna, entre eles a Teoría da Relatividade de Einstein. Aínda que se fala deste tema con moita cautela, os resultados son obvios. Logo de seis meses de continuados experimentos con máis de 15.000 neutrinos, a conclusión foi que éstos poden chegar a superar a velocidade da luz.

Miles de neutrinos muónicos producidos en Xenebra, foron levados por debaixo da superficie terrestre ata un detector situado en Italia, baixo o laboratorio do Gran Sasso. Os neutrinos superaron a velocidade da luz no baleiro, deixando a esta, vinte metros por detrás, nesta particular carreira. Para validar as observacións, os expertos apoiáronse na metroloxía do CERN. O tempo e as distancias foron verificados con satélites e reloxos atómicos, que darían un marxe de erro de vinte centímetros sobre os730 kilómetrosque separan o laboratorio de Italia.

Aínda que estes resultados necesitan ser comprobados máis veces e contrastados con outros experimentos, non cabe dúbida que son reais, malia que moitos dos científicos non queiran dalos por válidos. Sen embargo, tardaremos anos en saber se esto é de todo certo, pero non se deixará de investigar sobre este tema, levando a cabo experimentos en Xapón e nos Estados Unidos. De confirmarse esta teoría, xurdiría uha revolución na física actual, que poría en cuestión os principios aos que chegara Einstein un século atrás.

 

http://www.youtube.com/watch?v=SgY6du5cwTA