A eclipse solar por a proba á produción fotovoltaica

11 Abril 2015
Eclipse 20/4/15

O pasado20 de marzo aconteceu a eclipse máis espectacular da última década en Europa, e Galicia foi o punto da Península onde se puido observar o fenómeno con maior claridade. Dende o noroeste peninsular apreciouse unha ocultación do disco solar do 80 %. Asimesmo, Turquía foi o país do continente no que menos incidiu a eclipse, cunha escuridade máxima prevista do 25%.

O acontecemento cósmico comezou ás 9,05, alcanzando a súa plenitude ás 10.09 e rematou ás 11.18, segundo confirman fontes do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago.

Unha proba para as fotovoltaicas europeas

A Entso-e, Rede Europea de Xestores de Redes de Transporte de Electricidade que engloba aos transportistas eléctricos europeos, publicou un informe que se centra na afección que o fenómeno poderá ter sobre a xeración fotovoltaica, que no continente cobre un 3% de todo o consumo enerxético. Dende a organización afirman que «se están a tomar tódalas medidas necesarias para mitigar os riscos dende fai meses». Entre estas medidas, «inclúese a coordinación entre salas de mando en toda Europa antes e durante o eclipse».

Paneis fotovoltaicos

Pola súa parte, Javier García Breva, experto en políticas enerxéticas, resta ferro ao asunto «o eclipse non será un gran problema, pero si suporá unha proba para a rede eléctrica europea, que está interconectada». «Sera un teste para ver como funcionan as interconexións e como está a integración», recoñece.

José Donoso, director xeral da Unión Española Fotovoltaica, que representa a unhas 300 empresas do sector, compara este asunto coa alarma xerada polo efecto 2000, un medo que acabou diluíndose cando se produxo un cambio de milenio e non se produciu o temido fallo informático global.