Que é a superfetación

13 Xuño 2014
superfetación-lebre

Este termo poderíase traducir como quedarse embarazada  estando xa embarazada”. Normalmente, cando se produce a  fecundación dun  óvulo, iníciase unha cascada hormonal cuxo obxectivo é impedir que sigan madurando novos óvulos e que se produzan novas fecundacións.

Se ben  se trata dalgo extremadamente raro nos seres humanos, este fenómeno aparece con frecuencia entre algúns animais como, por exemplo,  roedores,  cabalos, ovellas e certos monos. En moitas especies, a produción de óvulos está distribuída ao longo de todo o período de celo da femia e é habitual que os fetos presenten diferenzas de idade.

A superfetación  tamén é un proceso recurrente en marsupiais como os  canguros, cuxas femias presentan en ocasións crías en tres estados de desenvolvemento: lactantes semiindependentes que abandonan por momentos a bolsa, crías recén nacidas que permanecen dentro do marsupio e embrións en desenvolvemento dentro do útero.