Diamantes a partir do tequila

1 Febreiro 2013
diamante-tq

Científicos mexicanos  demostraron que o tequila serve para crear diamantes aproveitando as súas  propiedades, xa que esta bebida posúe un 60% de etanol e 40% de auga, e a partir disto pódense crear diamantes.

Para crear os diamantes os investigadores quentaron o tequila a 280º C para transformalo en gas. Unha vez que se atopa en forma de gas, este quéntase a unha temperatura de 800º para romper a súa estrutura molecular, e deste xeito os átomos de carbono que se atopan vanse agrupando uns enriba dos outros formando a estrutura do diamante.

Estes diamantes que obtemos non se poden converter en xoias, pero o descubrimento abre un gran abano de posibilidades como por exemplo poder substituír o silicio dos chips dos ordenadores, facer ferramentas de corte, ou utilizalos como semicondutores eléctricos….

A primeira proba exitosa fíxose cun tequila branco, pero agora os científicos están investigando noutros tequilas como o añejo para determinar cal é mellor a hora de facer esta extraordinaria transformación.