Un diamante é para sempre
No 2012 poxouse un diamante de 76 quilates por 21,5 millóns de dólares, acadando o record mundial de prezo de venta dun diamante incoloro.
“Diamante” provén do grego adámas, que significa irrompible e, este, pertence ó cuarteto das pedras preciosas, xunto cos rubís, zafiros e esmeraldas.
O diamante é o material terrestre máis duro e cando se atopa en bruto parece unha rocha cristalina calquera.
Os diamante son moi peculiares en canto á súa formación, xa que a diferenza de outras rochas, non se forman na cortiza terrestre, senón no manto, onde hai temperaturas e presións moi baixas, polo que podería haber moitos diamantes a estas profundidades, pero moi poucos chegan a alcanzar a superficie. Cando isto ocorre, fano en enormes explosións que lanzan magmas a grandes velocidades a través das chemineas de kimberlita.
Os diamantes ademais de curiosidades científicas teñen curiosidades históricas, como que a India foi sempre o maior abastecedor destas pedras preciosas e de alí provén o máis antigo coñecido ata o momento. Este diamante, nomeado Briolette da India tivo como primeira dona a Leonor de Aquitania, pero esta perdeu a súa pista e crese que este diamante rematou nas mans de Catalina de Médicis, que era esposa de Enrique II de Francia. Máis tarde foi cortado e vendido ós irmáns Cartier e na actualidade crese que está en mans dunha rica familia europea.
O diamante en bruto máis grande coñecido ata o de agora ten un peso de 3106 quilates (621 gramos). Foi descuberto en 1905 nunha mina surafricana de Frederick Well.
Tamén hai arredor deste material moitas lendas, como por exemplo a lenda da maldición do Hope. Este diamante é o máis famoso e exíbese no Museo Smithsonian da Historia Natural de Washington. Esta historia comezou hai séculos atrás, onde uns agricultores o atoparon no leito dun río e llo entregaron ós reis de Golconda, que coleccionaban pedruscos. Cóntase que en realidade foi roubado do ollo da estatua dun deus indú por un ladrón a salario dun aventureiro comerciante francés. Todas estas historias crearon unha falsa lenda maldita ó redor deste diamante.
O descubrimento das minas diamantíferas en Sudáfrica trastornou o mercado debido á abundancia de diamantes e a consecuente baixada dos prezos. Houbo varios intentos de restablecer o mercado, pero a gran produción de diamantes impediuno. O único intento que conseguiu restablecer case por completo o mercado foi a que tiña por slogan “Un diamante é para sempre”, frase que se chegou a traducir a máis de trinta idiomas e supuxo que as vodas se celebrasen con esta pedra preciosa de por medio.