Día Mundial do Síndrome de Asperger
No ano 2007, declarouse o día 18 de febreiro como o “Día Internacional do Síndrome de Asperger” en recordo do nacemento de Hans Asperger.
O síndrome de Asperger ou trastorno de Asperger é un conxunto de problemas mentais e conductuais que forma parte da variedade de trastornos autistas.
Diferenciase do autismo infantil temperán en que no trastorno de Asperger non se observa retraso no desenvolvemento da linguaxe, e non existe unha perturbación clínicamente significativa na súa adquisición.
Non hai retardo, por exemplo, na idade en que aparecen as primeiras palabras e frases, aínda que poden existir particularidades cualitativas (por exemplo gramaticais) que chamen a atención, así como unha preservación xeralizada da intelixencia.Aínda que a idade de aparición e detección máis frecuente sitúase na infancia temperán, moitas das características do trastorno fanse notorias nas fases máis tardías do desenvolvemento, cando as habilidades de contacto social comezan a desempeñar un papel máis central na vida da persoa.