Día Mundial do Medio Ambiente 2014

1 Xuño 2014
DM Medioa Ambiente

Desde 1973, cada ano  celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, data establecida pola Asamblea Xeral das Nacions Unidas coa  finalidade de sensibilizar á poboación do noso planeta sobre a importancia do medio ambiente.

Este ano o tema será o apoio aos pequenos estados insulares que corren máis risco de ser afectados pola elevación do nivel do mar como consecuencia do quecemento global producido polo efecto invernadoiro. O eslogan escollido é “Alza a túa voz e non o nivel do mar”. O obxectivo é centrar a atención sobre eses pequenos territorios e explicar a súa importancia para preservar a diversidade cultural e biolóxica.

Co Día Mundial do Medio Ambiente, a Organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que as nacións e as persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.