Día Mundial da Actividade Física

3 Maio 2014
DM Actividade Física

Segundo Caspersen (1985) a actividade física é “calquera movemento corporal, producido polos músculos esqueléticos, do que resulta un gasto enerxético maior que nos niveis de repouso”. Podemos dicir que é calquera esforzo muscular predeterminado destinado a facer unha tarefa.

Segundo a OMS a inactividade física é o cuarto factor de risco máis importante de mortalidade mundial. Ultimamente está aumentando en todo o mundo, especialmente nos países con mellor nivel de vida.

A práctica habitual de exercicio físico ten moitas vantaxes:

-Evita o exceso de peso e a obesidade

-Prevén a aparición de enfermidades

-Reduce a tensión arterial

-Mellora a autoestima

-Reduce o estrés

-Diminúe a sensación de fatiga e proporciona máis enerxía e capacidade de traballo.

-Contribúe á concentración e ao benestar físico e psicolóxico.

-Mellora a calidade do sono e diminúe o insomnio.