Día Mundial Contra a Escravitude Infantil
A escravitude infantil é a utilización, para fins económicos ou outros, de menores de idade, e afecta ao desenvolvemento persoal e emocional dos menores.
Durante moitos anos a escravitude infantil foi legal e aceptada e na actualidade está presente en moitos lugares do mundo. Estímase que hai máis de 400 nenos e nenas menores de 14 anos en todo o mundo que son tratados como escravos.
O 16 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL. Este día estableceuse para conmemorar o asasinato do neno Iqbal Masih, que foi vendido polo seu pai cando tiña catro anos. Pasou a súa infancia traballando na semiescravitude. Iqbal puido escapar da fábrica onde traballaba aos 10 anos, a pesar de que era moi novo, era un activista contra a explotación laboral infantil. O 16 de abril de 1995 foi asasinado. Na súa honra e homenaxe varias ONGs adicáronlle este día.