Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina
A escisión ou circuncisión feminina é tamén coñecida como mutilación xenital feminina (MXF), é a ablación ou eliminación de tecido de calquera parte dos xenitais femininos, particularmente o Clítoris, con motivo de eliminar o pracer sexual nas mulleres por razóns culturais, relixiosas ou calquera outra non médica.
Reflícte unha desigualdade entre os sexos, e constitúe unha forma extrema de discriminación da muller. É practicada case sempre en menores.
A práctica, viola os dereitos á saúde, á seguridade e á integridade física, o dereito a non ser sometido a torturas e tratos crueis, inhumanos ou degradantes, e o dereito a vida nos casos no que o procedemento acaba producindo a morte.
Aínda que se localiza sobre todo na zona centro-africana, esta práctica non se limita ao continente africano, pois sábese que tamén ocorre en varios países de Asia, Europa, Australia e incluso América.
Actualmente UNICEF traballa na eliminación da mutilación e a ablación xenital feminina en 22 países, e dende 2008 tamén colabora no Programa Conxunto UNICEF- FNUAP “A mutilación e a ablación xenital feminina: Acelerando o cambio” en 15 deses países no Oeste, Este e Norte de África.