Día da Marmota
O día da Marmota é un método tradicional usado polos granxeiros, especialmente en Estados Unidos e en Canadá, para predecir a fin do inverno, baseado no comportamento deste animal cando sae de hibernar o 2 de febreiro.
Segundo a creenza, se a marmota ao sair do seu tobo non ve a súa sombra, por ser un día anubrado, deixaría o tobo, o cal significa que o inverno rematará pronto. Se polo contrario, por ser un día soleado, a marmota `ve a súa sombra´ e se mete de novo no seu tobo, significa que o inverno aínda durará seis semanas máis.
O día da marmota sinala, aproximadamente, a metade do periodo entre o solsticio de inverno e o equinoccio de primavera.
A súa orixe procede dos inmigrantes alemáns chegados ós Estados Unidos. Os granxeiros xermáns utilizaban o método para saber cando tiñan que cultivar as súas terras. Xa en Alemania, os granxeiros observaban ao teixugo, que ao saír do seu tobo no inverno podía ter dúas reaccións; se via a súa sombra, nun día soleado, asustábase e volvía á súa hibernación por seis semanas máis, indicando que continuaba o inverno, e, se ao saír non via a súa sombra, por non haber sol, pensando que chegaba a primavera, saía confiado.
A marmota é un mamífero que pertence á familia Sciuridae. Os esciúridos son un grupo de roedores que inclúe ós esquíos, ás marmotas e ós `canciños da pradería´.