Detector de enfermidades nun móbil
Un dos test máis habituais para detectar a sida e a bacteria Treponema pallidum da sífile é o test ELISA. Os equipos que se utilizan nesta proba custan ao redor de 18.000 dólares.
Un grupo de investigadores da Universidade de Columbia (EUA) desenvolveu un accesorio para o móbil que só vale 34 dólares producilo e realiza esa mesma proba en 15 minutos.
Este dispositivo replica as funcións dunha análise de sangue con ELISA. Efectúa un test triplo de anticorpos: os do VIH, os específicos treponémicos para a sífilis e outros non treponémicos.
O accesorio conéctase doadamente a calquera smarthphone, e conta con dúas importantes innovacións: un botón negro que acciona unha cámara de baleiro e unha secuencia de reactivos pra almacenar nunha casete. Nesta deposítase a mostra de sangue do paciente, obtido por unha picada nun dedo.
O outro avance é que o accesorio non necesita baterías. A transmisión de datos realízase directamente a través do conector de audio que teñen todos os móbiles. O resultado final é o que o usuario pode ver na pantalla do seu móbil sexan positivos ou negativos.
O dispositivo aplicárono con éxito traballadores de Ruanda en 96 pacientes. Demostrouse a eficiencia do sistema para a detección rápida da sida e a sífilis con esta tecnoloxía sinxela e que non require moita enerxía, algo esencial en rexións empobrecidas.
Con isto prodúcese outro enorme avance en medicina. O que hai anos parecía imposible, faise realidade, é o marabilloso do ser humano: a súa IMAXINACIÓN.