Descuberto un fósil do maior dinosaurio coñecido
Fai dous anos un peón ía Paseando por un lugar da Patagonia cando se atopou cun xigantesco óso. O peón avisou os donos do terreo, e estes comunicaron co museo Exidio Feruglio. O óso resultou ser un fémur de 2,40 metros pertencente ao maior dinosauro atopado ata agora, un saurópodo.
Na Patagonia Arxentina apareceron restos dos dinosauros máis grandes do mundo. O zoólogo arxentino Florentino Ameghino desenvolveu unha actividade febril xunto co seu irmán Carlos, co que comezou a buscar réptiles extinguidos hai 65 millóns de anos.
Atraído pola enorme influencia chegou o paleontólogo con máis especies de dinosauros descubertas, Xosé Bonaparte. El descubriu o maior dinosauro de América do sur ata este ano e un dos máis grandes do mundo (Argentinosaurus huinculensis), que se atopaba nun museo dende que fora atopado por un campesiño.
Sebastián Apesteguía, paleontólogo e un dos mellores alumnos predilectos de Bonaparte. Topouse con Bonaparte cando tiña 18 anos no museo de Ciencias Naturais de Bos Aires e de aí saíu unha gran carreira de estudio.
Tamén foi a alumno de Bonaparte, Pablo Puerta, xefe de técnicos no museo Trelew, que acolle os primeiros restos do maior dinosauro do mundo. Puerta participou no descubrimento, pero o momento máis feliz da súa vida foi cando topou cunha vértebra xigantesca a orillas do lago Viedma. Decidiron dedicarlle ese descubrimento poñéndolle como nome Puertasaurus. Hasta este descubrimento este era o maior dinosauro do mundo xunto co Argentinosaurus.
Arxentina resulta ser un país rico en fósiles pois o 60% do pais é semidesértico, exposto a unha erosión constante o que fai que as rochas e os fósiles se atopen na superficie e sexan moi fáciles de ver. Moitos dos descubrimentos son posibles grazas aos avisos dos poboadores do campo. Todos os paleontólogos consultados aseguran que a parte que máis lles gusta do seu traballo é a das campañas sobre o terreo, case sempre na Patagonia.
Moitas veces os descubrimentos urxen no laboratorio pois por exemplo fai un mes viron o que parecía a mandíbula dun crocodilo pero logo descubriron que se trataba da serpe máis primitiva do mundo, con 95 millóns de anos.
Un patrimonio descomunal e que non para de crecer na Patagonia.