Descuberta unha nova especie de golfiño nun río do Brasil
Os exemplares do Inia aragualiaensis atopáronse no río Araguaia, o principal afluente do Tocantins, no Brasil.
Os golfiños de río son unhas das criaturas máis raras do mundo e corren un alto risco de extinción, polo que descubrir agora unha especie nova dese tipo e algo emocionante e inesperado. Crese que pasou desapercibido porque pensaban que era igual aos do río Amazonas, pero as últimas investigacións demostraron que é unha especie diferente que se distingue por ter menos dentes, un tamaño máis pequeno, a forma do cránio e outros detalles menos visibles, como o ADN.
Creen que pode haber uns 1.000 exemplares, pero poden desaparecer rapidamente polas graves agresións que sofre o río como a construción de presas ou a contaminación das augas.