A deforestación é unha causa da contaminación

26 Marzo 2016
Posidonia

A deforestación dos bosques para obter madeira ou para obter o solo co fin de levar a cabo actividades de agricultura ou gandaría non só está afectando ao terreo e ás árbores, senón que este problema se traslada á vida mariña. Sabemos que as árbores levan a cabo un papel fundamental para a absorción de gases de efecto invernadoiro, pero tamén son importantes diferentes especies do océano neste proceso.

A Posidonia oceanica trátase dunha planta endémica do Mar Mediterráneo moi importante na fixación do CO2, podendo retelo ata centos de anos incluso despois de mortas, xa que queda enterrado no subsolo submarino, así como tamén un excelente hábitat de moita vida mariña. Sen embargo, os longos mantos que forma  esta planta na superficie do mar están desaparecendo, o que reduce tamén a súa capacidade para reter o CO2. Isto débese principalmente aos sedimentos derivados da erosión do solo, que dificultan a vida desta planta. Así, a deforestación e a chegada de terra erosionada ao fondo mariño fixo que nos últimos anos as pradeiras de Posidonia se fosen reducindo substancialmente.

A razón é que os sedimentos provocan o aumento  de partículas en suspensión na auga, os que en gran cantidade fai que a luz solar non poida atravesar esa capa de sedimentos e non chegue ao fondo mariño, afectando ás diferente especies que aí viven.  A isto tamén se lle suma a chegada ao mar de residuos procedentes de actividades agrícolas, como o fósforo e o potasio, e a introdución de especies exóticas que invaden os fondos nos que esta planta crece, estendéndose con gran rapidez.

Para facer fronte a isto, estase levando a cabo un proxecto de replantación, co obxectivo de recuperar esta planta, aínda que se trata dun proceso duns 20 anos. Polo contrario, a súa capacidade para absorber o CO2 seguiría véndose reducida e, incluso, este gas podería quedar remineralizado ao entrar en contacto coa auga, pasando a formar parte da atmosfera e contribuíndo ao cambio climático.