Dedos engurrados
Cando levamos certo tempo en contacto coa auga, as xemas dos dedos das mans e dos pés engúrranse.
Este comportamento ten lugar debido á forma coa que a pel responde fronte a humidade e a propia absorción da pel. A pel está formada por dúas capas principais: a derme e a epiderme, ambas están unidas, pero entre elas existe un lixeiro espazo.
A pel non é impermeable, polo que absorbe a auga. A pel das mans e dos pes é bastante máis grosa e iso fai que sexa máis absorbente ca do resto do corpo, por iso é onde o efecto é máis visible. A medida que a epiderme inchase máis e máis pola absorción de auga, sepárase da derme formando sucos. Destaca máis nas xemas dos dedos por que é onde as capas do pel están menos unidas.
Despois de saír do contacto coa auga, a pel engurrada volve ó seu estado normal enseguida. Cando nos lavamos con auga con xabón, elimínanse os aceites naturais que recobren a pel,que son os que impiden que a auga do corpo escape. E por isto que, sen o seu recubrimento protector, o exceso de auga da pel evapórase rapidamente. Por iso a pel secase tanto despois do baño porque contén menos auga que antes de meterse na bañeira.
Os últimos estudos indican que isto pode ser un mecanismo corporal de defensa, desenvolvido polos noso antecesores, para poder agarrarse mellor a superficies húmidas e ter maior tracción. Explican isto mediante a proba de que as enrrugas das xemas dos dedos crean canles que permiten que a auga se drene (séquese) mentres presionamos os nosos dedos contra unha superficie mollada, á súa vez, aumenta a superficie de contacto, permitindo movementos máis áxiles e seguros. Estes estudos están relacionados ca mesma explicación ca das rodas do coche que funcionan mellor sobre mollado se teñen sucos.