Decembro 2013

2 Xaneiro 2014
decembro

Decembro é o duodécimo mes do ano e ten 31 días. O 21 de decembro comeza o inverno, é o día máis curto do ano (solsticio de inverno) mo hemisferio norte.

Florecen os toxos, os acivros, as camelias... e caen as últimas follas das árbores. Hai menos cogomelos. No mar desovan algúns peixes.

As horas de luz diminuíron 15 minutos ata o día 21 e aumentaron 3 minutos ata o 31.

En total a diferencia é de 12 minutos menos de luz.

A primeira parte do mes fixo frío e houbo bo tempo e desde que demos vacación non parou de chover. O día 24 de decembro houbo un forte temporal con ventos, nalgúns lugares, de ata 193 km/h (Lardeira-Ourense). A temperatura mínima rexistrada no mes en Galicia foi de -10,4 en Cabeza de Manzaneda (Calvos), o día 8 de decembro. O lugar de Galicia onde máis choveu durante o mes foi Fornelos de Montes (443 l/m2) e o día que máis choveu foi o 24, rexistrándose a máxima en Pontecaldelas, con 124 l/m2. En Cambados as cousas non foron tan extremas. A temperatura mínima foi de -0,82, o día 9, e o día máis chuvioso o 24, con 71,8 l/m2. O refacho de vento máis forte acadou os 59,08 KM/h, tamén o día 24.