Decembro 2011

5 Decembro 2012
decembro

Decembro é o duodécimo mes do ano e ten 31 días. O nome deriva de ter sido o décimo mes no calendario romano.

Caen as últimas follas das árbores, florecen as camelias, os toxos, as azaleas... Maduran as laranxas, as mandarinas e os froitos das hedras, dos acivros e das xilbarbeiras. Hai menos cogomelos.

O 22 de decembro, ás seis da mañán, comezou o inverno. É o solsticio de inverno (o día máis curto do ano). A partir dese día, e ata fin de mes, as horas de luz medraron 10 minutos.

O tempo foi típico de inverno. Choveu 19 días. O día de máis calor foi o 1, con16,1 ºCe o día de máis frío o 19, con 3,3, ºC.

O mellor deste mes é o Nadal e o fin de ano e que temos vacacións das cleses.

refraneiro

-Tantos días de sol en Nadal como de auga en San Xoán.

-Cando Nadal nada, sinal de boa anada.

-De Santos ao Nadal é inverno natural.

-Por Santa Lucía medra a noite e míngua o día.

-Deus nacido, días crecidos.