Deberes

Axudar aos rapaces cos deberes pode ser contraproducente
7 Abril 2015
debers

Para conseguir que os nenos e nenas teñan boas notas, o máis efectivo é que os seus proxenitores lean con eles, lles pregunten polas clases e confíen nas súas capacidades.

É unha das conclusións dunha  investigación na que se revisaron 37 estudos ao respecto. Compartir con eles as tarefas solo resulta efectivo cando presentan dificultades educativas.

O traballo analiza 37 investigacións que duraron 13 anos, nas que se abordou a relación entre a participación dos pais nos estudos dos fillos que cursaban dende infantil a secundaria.

“Neste traballo observamos cómo algunhas formas de participación dos  pais e nais resultan máis efectivas ca outras”.

“Son os estudantes con maiores dificultades educativas os que necesitan este reforzo por parte dos seus pais, pero non os demáis”.

Para medir o rendemento académico tivéronse en conta as cualificacións xerais dos alumnos nas materias.

O nivel de ingresos das familias confirma que as rentas baixas  relaciónanse negativamente co rendemento escolar dos menores.

A participación familiar pode chegar a solucionar as diferenzas debidas a ese estatus socioeconómico.