Día Meteorolóxico Mundial

6 Abril 2011
meteoroloxía

O 23 de marzo celébrase o Día Meteorolóxico Mundial coincidindo co aniversario da entrada en vigor da Convención da Organización Meteorolóxica Mundial, en 1950 na que se creou  dita Organización, unha axencia especializada das Nacións Unidas para o estudo do clima e a auga.

Este ano o tema seleccionado é  “O clima para ti” para chamar a atención sobre a contribución da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) á seguridade, benestar e progreso económico da poboación. As vindeiras accións da OMM irán encamiñadas a diminuír á metade, para o ano 2019, o número de mortes por desastres debidos a causas

meteorolóxicas, tomando como referencia a media: 1994-2003.

MeteoGalicia, recolleu estas iniciativas, e organizou unha serie de actividades para achegar o sue traballo diario en Meteoroloxía e Climatoloxía á sociedade. Organizaron unha xornada de portas abertas durante o 23 de marzo para poder visitar as súas instalacións de Santiago de Compostela, onde explicaron o funcionamento dos distintos departamentos, cómo se elabora a predición, ferramentas que se empregan, rede de estacións meteorolóxicas, etc.

Tamén se podía facer unha visita á Torre do radar meteorolóxico do Monte Xesteiras, en Cuntis, ocasión que aproveitou un grupo do noso Instituto.

radar Xesteiras2