Cuntis: natureza, historia e arte

6 Xaneiro 2010
Cuntis Asorey

Monumento ao Sagrado Corazón, de Asorey

Unha ruta para gozar da natureza, coñecer a arte e a historia.

Aproveitando que estamos no ANO ASOREY propoñemos unha visita a Cuntis para coñecer unha obra do noso escultor, un castro (Castrolandín) e dar un paseo a pé ao longo dunha das cabeceiras do río Gallo para gozar do traballo da auga na pedra.

Distancia: do Parque Marans ás fervenzas (ida e volta)3 km.

                 a Castrolandín:1,2 km(lineal)

COMO CHEGAR:

Desde Cuntis cóllese a estrada que vai a Xinzo e Pazo. Despois de cruzar o río un cruce á esquerda lévanos ao parque Maráns onde está o Monumento ao Sagrado Corazón de Francisco Asorey. Alí poderíamos deixar o coche e seguir a ruta a pé ata as fervenzas. No caso de que a pasarela de madeira esté arranxada pódese cruzar o río e chegar ata Castrolandín tamén a pé. A outra opción e volver ao punto de partida e subir a Castrolandín pola estrada.

Cuntis ruta-1