Crenzas e lendas sobre os animais
Quen non escoitou dicir algunha vez que os sapos che mexan nos ollos ou que os mouchos anuncian a morte.
Desde tempos antigos a xente atribúe aos animais propiedades relacionadadas con distintos males e características case máxicas que teñen que ver con sucesos inexplicables. En Galicia abondan as crenzas, as lendas, os contos ou tradicións que relacionan aos animais con distintos fenómenos naturais ou con supersticións. Hai animais considerados bos como as bolboretas e avelaíñas brancas, as pombas, as carrizas, as abellas ou as andoriñas e outros malos ou encarnación de seres malignos como os sapos, as serpes, os lagartos, os mouchos as curuxas, as boolboretas e avelaíñas negras… A maioría das veces estas crenzas nada teñen que ver co realidade e ás veces son responsables dos malos tratos aos que se someten algunhas especies. Un dos casos máis representativos é o dos sapos ou dos lagartos, animais totalmente inofensivos e beneficiosos para o medio ambiente e aos que se mata sistematicamente. Coñecer estas crenzas e investigar sobre elas pode axudarnos a coñecer tamén mellor a estes animais.