As cremas solares
Para protexernos do sol necesitamos as cremas solares, que actúan absorbendo ou reflectindo as radiacións do sol que chegan á nosa pel.
O sol emite enerxía continuamente grazas a diferentes tipos de radiacións: raios X (filtrados pola atmosfera), ondas de radio, luz visible, radiacións infravermellas, radiacións ultravioletas, que son as máis nocivas e contra as que nos protexerá a crema.
A radiación ultravioleta é de tres tipos: UVA, UVB e UVC. As radiacións UVC son absobidas na capa de ozono, pero as outras dúas si que chegan a nos.
Os raios UVA son os que producen o típico bronceado da pel e envellecemento desta. As radiacións máis preocupantes son as B, xa que poden actuar a longo prazo e con efectos acumulativos. Son as responsable das queimaduras e dos futuros cancros de pel, xa que a pel conserva lesións antigas.
As cremas solares conteñen unha serie de substancias químicas que teñen a función de absorber as radiacións ultravioleta.
-Protectores solares químicos ou orgánicos: conteñen compoñentes sintéticos que actúan ó ser absorbidos pola pel. Estos compoñentes ó recibir a radiación solar, absorbena, transformándoa noutro tipo de enerxía que non sexa prexudicial para a pel. Segundo a súa capacidade de absorción reciben unha puntuación FPS ( Factor de Protección Solar maior ou menor.
-Protectores solares físicos, inorgánicos ou minerais: repelen a radiación, actuando como unha pantalla protectora, grazas ós seus compoñentes minerais como o óxido de zinc ou o dióxido de titanio. Unha desventaxa destes e que ó non ser absorbidos pola pel deixan a característica pasta branca sobre ela. Unha vantaxe e que evitas as reacción alérxicas xa que non posúen compoñentes químicos que poidan irritar a pel.
Hoxe en día os protectores solares mesturan ambos sistemas, para unha protección máis completa (xa que ningún dos dous protexe a totalidade do espectro de radiaciónUV-A e B).
FACTOR DE PROTECCIÓN SOLAR (FPS): determina canto nos protexe unha crema da radiación solar. O número 20, 30, 50, etc, indícanos a cantidade de radiación solar necesaria para que nos poida causar danos na pel coa crema aplicada. É dicir, unha crema FPS 50 protexeranos da radiación solar ata que esta esté exposta a unha radiación 50 veces superior á que nos causaría dano se non nos protexéramos con nada. É dicir, se ó Sol, sin niguna protección tardamos 10 minutos en que a radiación dane a nosa pel, ó aplicar crema de 50, faría falta 500 minutos expostos ó Sol para que a radiación nos queimara. Esto significa que nos protexe igual unha protección 15 que unha 50, pero que a única diferencia é o tempo. (Sería equivalente botar unha de 15 cada pouco tempo que unha de 50 cada máis). Así poden dividirse as cremas en crmeas de protección mínima (ata 15), de protección moderanda (15-30), e por enriba destas son cremas de alta protección (as máis recomendadas).