Créanse cinco novos espazos protexidos en Galicia
Protéxense como ZEPAS varias áreas costeiras
7 Septembro 2014
O Goberno do Estado decidiu protexer 39 novos espazos mariños, cinco deles en Galicia, ao incorporalos á rede europea Natura 2000 como Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
Os espazos son A Punta de Candieira-Ría de Ortigueira-Estaca de Bares; a Costa de Ferrolterra-Valdoviño; a Costa da Morte; o Banco de Galicia e as Rías Baixas.
A orde destaca que en España existe unha gran variedade de ambientes e ámbitos xeográficos mariños, o que favorece a gran diversidade de aves mariñas presentes.
En canto ás costas galegas e zona de cría para numerosas especies, algunhas puco comúns, e unha importante área de paso e descanso nas viaxes migratorias, especialmente das aves procedentes do norte de Europa.