Convertendo "serrín" en gasolina

28 Xaneiro 2015
madeira

O equipo internacional de Bert Lagrain, Bert Sels e Beau Op de Beeck, da universidade católica de Lovaina a Vella en Bélxica, desenvolveron un método para converter o serrín en gasolina, o que permite elaborar un produto petroquímico usando biomasa, unindo o mundo da bioeconomía co sector industrial petroquímico

A celulosa é a substancia principal na materia vexetal e está presente en todas as partes vexetais da madeira, e desde un punto económico ten moito potencial para o futuro.

Estes químicos converteron con éxito serrín en compoñentes para  gasolina. Para poder lograr isto utilizaron un proceso químico que consegue transformar a celulosa do serrín en hidrocarburos, que poden utilizarse como aditivos para a gasolina.

Para levar a cabo este proceso, aliméntase a un reactor químico con serrin dun serradoiro, e agregáselle un catalizador, unha substancia que activa e acelera a reacción química. A presión e temperatura correcta, necesítase aproximadamente medio día para converter a celulosa en cadeas de hidrocarburos saturados. Isto dá un produto intermedio, o que só require un último paso para converterse en gasolina completamente destilada, ofrecendo unha solución intermedia mentres os nosos automóbiles segan empregando gasolina líquida. Pode utilizarse como aditivo verde, reemprazando unha porción da gasolina refinada de forma tradicional.

Aínda que o hidrocarburo verde pode ter diversas aplicacións, como empregarse na produción de etileno, propileno e benceno, os compoñentes para o plástico, a espuma asílante etc.