A contaminación invisible
Hoxe en día a humanidade contamina de moitas maneiras e cada vez encontramos máis. Durante anos preocupámonos polo impacto dos deterxentes, por non emitir gases contaminantes, por reciclar, por coidar o medio ambiente, pero unha simple lavadora pode causar grandes estragos na nosa fauna mariña. Lavar roupa sintética na lavadora libera unha serie de microfibras que acaban no mar e que afectan directamente a moitos animais.
Miden menos dun milímetro e poden acabar no estómago dos peixes una gran masa de lixo mariño, que durante décadas pasou desapercibida e que agora os científicos empezan a obter evidencias da súa presenza e impactos.
Este problema é moi grave xa que prodúcese o fenómeno de bioacumulación introducindo estas fibras na cadea trófica que afecta directamente aos productores, neste caso o plancto que é o alimento maioritario dos seres acuáticos.
Cando analizamos a inxesta dos peixes dámonos conta de que hai grandes proporcións de microplásticos. Estas substancias poden causar alteracións no sistema endócrino dos peixes. Isto pode alterar a fertilidade dos peixes e incluso provocar cambios de sexo.
As investigacións demostran que as montañas de poliéster y de nilon do mar proceden das augas procedentes das lavadoras. O uso cada vez máis habitual das prendas deportivas e de montaña, de alto contido en fibra, fixo que nos últimos 50 anos, o volume de microfibra que vertemos ao medio ambiente medrará nun 450% segundo os estudos.
As investigacións do National Center for Ecological Analysis and Synthesis (NCEAS) de California indican que as microfibras penetran nos pulmóns e no estómago dos peixes e invertebrados de aí pasan a circulación sanguínea afectando por exemplo ao sistema inmunolóxico. Un problema engadido, é que as fibras viaxan habitualmente impregnadas de produtos químicos que tamén son prexudiciais para a fauna mariña .
Ademais no Reino Unido comprobouse que a area da praia estaba pragada de microfibras. Alí, tomaron mostras en augas próximas a desaugues, e despois tomaron mostras doutras augas libres de vertidos. Encontraron un 250% máis de microplásticos nos lugares nos que verten as depuradoras. A maioría das fibras que apareceron eran poliéster e acrílico.
Despois realizaron o camiño inverso que fai a auga antes de chegar as depuradoras. Colleron camisas, mantas e forros polares, todos con poliéster e metéronos en lavadoras. En cada lavado, observaron cómo se desprendía máis de 1.900 fibras, a maior parte delas procedentes de forros polares.
Os científicos cren que a investigación debería centrarse en fabricar lavadoras que reduzan a liberación de microfibras instalando filtros más eficaces. Mellorar o filtrado nas depuradoras xa que as microfibras superan o proceso de depuración e acaban nas augas, onde supoñen un auténtico problema.
Sen embargo outros científicos cren que o problema desta contaminación é a composición da roupa, que desprenden máis microfibras do debido. Agora o foco está sobre as empresas textís.
A industria téxtil non tardou en pronunciarse sobre esta situación e recoñece que existe unha preocupación no sector. Pero non pensan, de momento tomar medidas drásticas. Así que de momento este problema está estancado ata que alguén encontre unha solución boa para as dúas partes.
https://www.youtube.com/watch?v=P-Cj17wRpvM