A contaminación da arte
Os aceiros patinables caracterízanse pola súa gran resistencia á corrosión e porque non necesitan ser pintados, xa que basicamente consisten nunha aliaxe de baixo contido de carbono á que se lle engaden pequenas cantidades de cobre, níquel e cromo e, a continuación, pásase por ciclos de humidade e seca para que desenvolva unha capa de óxido homoxénea e moi adherente na superficie do aceiro.
Debido a estas calidades, adoitan empregarse para crear fachadas, pontes, vías de tren ou esculturas que serán expostas ó aire libre.
Pero este material non reacciona igual ante diferentes atmosferas, e incluso pode chegar a non protexer o material nunhas determinadas condicións. De feito, descubriuse recentemente que en Bilbao, algunhas esculturas realizadas con ese material, non se conservaron como se esperaba e foron desgastándose en parte.
Tras varias análises, descubriuse que o nivel de protección da superficie das esculturas depende da composición da capa que a protexe.
As esculturas que presentaban peor aspecto tiñan na capa protectora unha maior concentración de lepidocrocita, que é un mineral moi pouco estable da clase dos hidróxidos e, pola contra, as que presentaban mellor aspecto tiñan unha maior concentración de goetita, que é un oxihidróxido de ferro máis estable e que ofrece, polo tanto, unha maior protección fronte á contaminación.
Nas estruturas de aceiro patinable é habitual que ó comezo prevaleza a lepidocrocita, e que co paso do tempo tempo esta se converta en goetita. Pero nas mostras analizadas non sempre ocorría así, polo que descubriron que as causantes de que a lepidocrocita no se convertera en goetita eran unhas partículas da atmosfera de Bilbao ricas en silicatos, así como o po natural e algunhas partículas do fume dos coches que impiden esta evolución.
Así que o fin e o cabo a contaminación afecta negativamente a moitos máis ámbitos dos que pensabamos, xa que non creo que ata o momento a ninguén se lle ocorrese pensar que este problema podería afectar, aínda que de maneira indirecta, á arte.