Consumo de líquidos en exceso

12 Xuño 2014
bebendo

Dúas terceiras partes do noso corpo son auga, un dos compoñentes básicos para o noso organismo para poder vivir.

É importante que o noso corpo estea ben hidratado, pero hai persoas que se exceden do consumo prexudicando a súa saúde (coñecese co nome de patonomía).  Isto ocorre debido a que na sociedade actual asóciase o consumo elevado de auga co ben estar propio, a perda de peso ou problemas de saúde.

A  patonomía é un trastorno que consiste na inxesta esaxerada de líquidos por parte da persoa en cuestión.

É frecuente a súa asociación coa bulimia, xa que a persoa afectada, ten a necesidade continua de inxerir líquidos para que dalgunha maneira  se sinta satisfeita e así evite a inxestión de alimentos, pero sen ter en conta os efectos secundarios que isto pode producir sobre o organismo, xa que parece mentira que unha sustancia tan pura e saudable como é o caso da auga, teña efectos nocivos no noso organismo.

O exceso de auga pode afectar ao noso cerebro, xa que abusar da toma de líquidos propicia unha eliminación desmedida de minerais como é o caso domagnesio. Se nos falta este mineral faltaranos a memoria, e o envellecemento del cerebro produciráse antes. Por outro lado o corazón é outro dos afectados debido ás perdas de potasio polos ouriños. Os riles tamén se ven afectados polo abuso de líquidos, estes órganos son os que se encargan de regular o metabolismo dos minerais e auga, ao igual que funcionan como filtros das impurezas. E por último no caso dos músculos reflíctese  en forma de maniotas e baixo ton  nasfebras.