Comprobar se se ten anemia a través dun teléfono móbil
Una nova técnica permitirá detectar a anemia sen ter que realizar un análise de sangue.
Este novo método foi desenvolvido pola Facultade de Ciencias da Universidade de Burgos, e consiste en depositar unha gota de sangue sobre unha lámina moi fina (medio centímetro de diámetro e 0,1mm de grosor) que detecta os niveis de ferro dentro dun medio acuoso, polo tanto a lámina adquire unha cor segundo a concentración de catións Fe+2 y Fe+3. Esta técnica ademais de utilizarse no sangue, tamén se podería utilizar para medir a cantidade de ferro na auga e no viño. Así a simple vista poderíase ver se os niveis de ferro se atopan dentro dos límites normais ou non. Este método é parecido a un detector de glicosa ou a un test de embarazo.
Segundo explica o principal autor da investigación, José Miguel García, a pesar de que a lámina dinos se os valores son os normais ou non, non se pode determinar a partir dela as cifras exactas. A idea que teñen pensado levar a cabo os investigadores é que mediante unha foto da lámina (co sangue incorporado) o teléfono móbil contase cunha aplicación que interpretase os parámetros do cambio de cor e así detectase a cantidade de ferro no sangue e confirmase a anemia vista anteriormente na lámina.
Se este método se levase a cabo podería utilizarse no campo da medicina para detectar a anemia que pode chegar a causar dano hepático e incluso artrite, e os resultados obteríanse moitísimo más rápido do que se obteñen actualmente, xa que o mesmo paciente podería facelo. Por outra banda este sistema tamén está pensado para detectar mediante unha análise química contaminantes no Medio Ambiente. Por exemplo para comprobar se as concentracións en ferro da auga son legais e saudables, etc. O mesmo grupo de investigadores tamén demostrou que con este método pódense detectar ións de mercurio, un metal moi tóxico, utilizando un material similar que o do ferro.