Un comezo de ano co tempo moi revolto

Rexistrouse a onda máis alta da historia
30 Xaneiro 2014
temporal-2014

Durante todo o Nadal e desde que comezou o ano en Galicia houbo fortes rachas de ventos e chuvias. 

As alertas foron activadas por ventos de máis de 100 quilómetros por hora. Precipitacións superiores a 80 l/m2 e ondas de máis de dez metros de altura. A onda máis grande rexistrouse en Cabo Silleiro (Baiona) e acadou os 20 m de altura. Tamén houbo pedriscos intensos con pezas de gran tamaño.

Os danos foron graves por toda Galicia: dous mortos, derrubo de peiraos e paseos marítimos, afundimento de embarcacións, derrubes nas estradas, enchentes, anegamento de rúas, destrozos nas vivendas e infraestruturas, árborres arrancadas, cultivos arrasados...

Os peores días foron o 5 e 6 de xaneiro. Os reis non puideron sacar as cabalgatas por culpa do temporal.