Comeza o curso. De novo "A Buxaina"
Comenzamos un novo curso e, o quinto desde que botamos a andar a revista.
Despois dun mes de descanso, retomamos as edicións. Neste número recollemos moitos traballos realizados a finais do curso pasado por alumnado de diferentes niveis e comenzamos unha nova andadura con moita ilusión e moitos proxectos por diante. Seguimos co “Ano mundial da agricultura familiar” e o “Ano mundial da cristalografía” e faremos máis traballos sobre estes temas, que foron uns dos eixos básicos deste ano 2014. Tamén temos por diante varios proxectos, “Praias do Salnés”, en colaboración con outros centros da comarca; “Proxecto ríos” e “Charcas con vida”, en colaboración coa asociación ecoloxista ADEGA, “Oceántica” en colaboración coa Universidade de Vigo e “Meteoescolas”, en colaboración con Meteogalicia.
En todos estes proxectos traballaremos profesorado e alumnado de xeito interdisciplinar facendo saídas, experiencias de laboratorio, obradoiros, montaxes audiovisuais...
Ademais recolleremos todas aquelas achegas que vaian xurdindo do traballo nas dístintas asignaturas ou da iniciativa e creatividade persoal de cada un de vos.
De novo aproveitamos para agradecer a colaboración a todos e todas e animarvos, un curso máis, a que sigades traballando neste proxecto.