Comeza o ano novo chinés
O 3 de febreiro de 2011 comezou un novo ano, o 4.709, para os chineses.
O Ano Novo Chinés, coñecido tamén como a Festa da Primevera ou o Ano Novo Lunar, é a festa tradicional máis importante na China e algúns países do leste de Oceanía. As comunidades chinesas celébrano en todo o mundo.
Básase no calendario lunisolar, empregado tradicionalmente na China.
As celebracións comezan o primeiro día do primeiro mes lunar e rematan o día quince, coa festividade dos Farois. A víspera do Ano Novo, o equivalente á Noite Vella nosa, chámase en chinés “chuxi”.
O Ano Novo chinés non ten data fixa pode cadrar entre o 21 de xaneiro e o 21 de febreiro. Comeza coa segunda lúa nova despois do solsticio do inverno boreal (22 de decembro). Para saber a data do comezo do ano hai que restar de 29,5, os días que ten a lúa minguante no solsticio e sumar ao resultado ese mesmo número.
Algunha tradicións:
-Entregarlle aos nenos e nenas e parentes xoves sobres vermellos con cartos para desexarlle boa sorte.
-Escribir coplas con caracteres relacionados coa abundancia, a felicidade, a prosperidade.
-Colocar figuras en actitude defensiva nas portas das casas para protexer aos moradores.
-Colocar nas casas figuras de peixes vermellos (Yu) que indican abundancia.
-O Deus da Riqueza, un persoaxe con barba e túnica vermella cun saco amarelo ao lombo, preséntase nas casas acompañado de tambores e gongs e reparte imaxes. Os moradores danlle propinas.
-Facer platos típicos.
-As danzas do León e o Dragón, para espantar aos malos espiritos.