Cólicos nefríticos, tan dolorosos como un parto... ou máis?
26 Marzo 2016
As mulleres que padeceron un cólico nefrítico opinan que a dor é peor co dun parto; así de doloroso resulta un cólico de ril. É máis común en varóns.
O ril encárgase de filtrar moitas substancias, entre elas sales minerais. A maior cantidade de estas substancias no plasma sanguíneo, que o ril depura, haberá máis presenza a nivel da urina.
É unha formación mineral que se produce no interior da vía urinaria (desde os riles ata o tracto urinario) cunha dor lumbar moi intensa, con grandes picos de dor a causa do depósito duns cristais minerais que van crecendo ata formar o que se coñece como unha pedra. A dolor repercute na zona inguinal e vai acompañado de afectación xeral, suor e náuseas ou vómitos.
- Causa: A máis frecuente é a obstrución do ril por un cálculo situado no uréter. Se o cálculo atópase na zona baixa do uréter, cerca da vexiga, poden aparecer molestias, se existe febre de máis de 38ºC, ademais da obstrución do ril, é moi probable que exista infección da urina (pielonefritis obstrutiva). Ademais das pedras, calquera outro elemento que ocupe o uréter e obstrúa o ril pode provocar un cólico.
- Diagnóstico: Diagnostícase fisicamente ó golpear suavemente a zona do ril que se ve afectado pola obstrución e se hai unha dor aguda severa verase cunha radiografía de abdome. A ecografía renal e vesical permiten visualizar onde se atopa o cálculo, súas dimensións e a repercusión que provoca sobre o ril, en casos de duda pode realizarse un TAC.
- Tratamento: O obxectivo principal do tratamento é deter a dor administrando analxésico, en crises de dor moi intensas estes fármacos aplícanse por vía intramuscular ou intravenosa. Os cálculos de uréter son expulsados con máis facilidade se se toman medicamentos alfa-bloqueantes tipo terazosina. Para ser expulsado, disponse da litotricia extracorpórea e a cirurxía tipo ureteroscopia.
- Prevención: A mellor maneira de previla é mediante unha correcta hidratación, eliminando o exceso de alimentos ricos en oxalatos (toxinas vexetais) e produtos lácteos xa que evita a formación de cristais de calcio, tamén pode preverse evitando o consumo irracional da sal, doces e alcohol, ou destruíndo os cálculos cando aínda están no ril