Colesterol e cancro
6 Decembro 2014
O colesterol é un lípido do grupo dos esteroides. A pesar da súa mala fama é unha molécula imprescindible nas membranas celulares e, ademais, é precursor de outras moitas moléculas como hormonas sexuais ou sales biliares. Pero o seu exceso no organismo pode ser moi perigoso, e non só por ser o principal causante da arterioesclerose, senón que, como se descobreu recentemente, tamén pode estar relacionado con algúns tipos de cancro. A seguinte ilustración amosa a influencia desta molécula na metástase dos tumores.