Coñecemos os instrumentos tradicionais galegos da man de Xaquín Xesteira

4 Xullo 2011
Xesteira 2011

O mércores 8 de xuño Xaquín Xesteira estivo no noso Instituto para darnos unha clase práctica de física e música a partir do funcionamento dos instrumentos tradicionais galegos.

Explicou cada instrumento, os materiais de que están construídos, como producen o distintos sons, como se afinan e algo de historia. As explicacións foron acompañadas de pequenos recitais.

Veu acompañado dos seus fillos Anxo e Roi, que tocan varios instrumentos, do noso compañeiro, Víctor Vázquez, ao que xa grabamos explicándonos o funcionamento de tamboriles e pandeiretas, e un amigo seu chamado Miguel Romero. Todos eles tocan no grupo “Os Xeitosiños”.

Como remate tocaron todos xuntos varias pezas e algúns (profes e alumnos) ata bailaron un pasodoble e unha muiñeira.