Un chimpancé ou unha persoa?
Wounda é unha chimpancé que quedou orfa despois de que uns cazadores furtivos atrapasen a súa nai. Nun terreo hostil ameazado pola man do home é extremadamente perigoso a supervivencia dun chimpancé cría sen nai. Por sorte o instituto Jane Goodball deu con ela nunhas pésimas condicións, a piques da morte.
Agora, xa recuperada, a Wounda tócalle volver ó seu hábitat natural, á liberdade da selva, nunha zona protexida polo Instituto Jane Goodall. Este Instituto dende 1977 dedícase a investigación e conservación de primates nos seus hábitats naturais.
A chimpancé Wounda despídese cun forte abrazo da famosa primatolóxica británica, Jane Gooddall, antes de volver á selva congoleña. Este terno xesto de despedida, unido a un certo comportamento recente de despedida definitiva dos que lle devolveron a vida, semella o dunha persoa agradecida e triste ó mesmo tempo.
Tanto Goodall, como Rebeca Atencia, unha veterinaria galega, seguen a Wounda para asegurarse de que se atopa nunha óptima adaptación na súa nova casa. Wounda é a 15ª chimpancé liberadada das 160 rescatadas, todas orfas.
En España o instituto Goodall está presente dende 2007 coa sede en Barcelona. A súas principais tarefas son o desenvolvemento de programos de educación ambiental e rehabilitación de primates en Uganda, Sudáfrica e na República do Congo.