Chía, sementes moi valiosas

7 Xaneiro 2015
chía

A chia (Salvia hispanica) é unha planta que se cultiva en América do sur e central para aproveitar as súas sementes, cun alto valor nutritivo.

As sementes son ricas en proteínas (o doble de calquera semente), calcio (cinco veces máis que o leite), boro, potasio (o doble dos plátanos), ferro (tres veces máis que as espinacas), ácido omega 3 (sete veces máis que o salmón), antioxidantes (o triplo que os arandos), oligoelementos (magnesio, manganeso, cobre, cinc), niacina… Empréganse como alimento, en bebidas, en forma de fariña... Os brotes tenros consúmense como verdura crúa ou cocida e poden ser usados en ensaladas.