Chegou o outono

7 Outubro 2013
outono

Encántame o outono; as súas follas caídas no chan de cores moi cálidas (marróns, amarelas, laranxas ... ), as súas festas, como o Samaín, que é a máis típica ...

O outono comeza o 21 de setembro, co remate da estación do verán e alóngase ata o mes de decembro, no que comeza o inverno.

O mellor desta estación, é que non acostuma facer nin frío nin calor.

A min gústame xogar coas follas do chan, molladas co orballo da mañán e as lixeiras choivas. Persoalmente considero que o outono é incrible, e por iso, afirmarei que é a miña estación favorita .

(Texto de Jimena e debuxo de Marta).

outono 1