Chegou o inverno
A época do ano máis fría é o inverno pero tamén a máis bonita. O inverno empeza o 21 de decembro e remata o 20 de marzo.
A palabra inverno ven do latín vulgar hibernum (tempo de inverno ).
En Galicia caracterízanse polas baixadas das temperaturas e as poucas horas de luz. As horas de luz diminúen ata o 21 e logo comezan a aumentar. Como as demais estacións o inverno prodúcese pola inclinación da Terra.
Solsticio de inverno: o 21 de decembro, o hemisferio Norte ten máis horas de noite que de día, e perde calor. O hemisferio Sur ten máis horas de día que de noite, acumúlase a calor. O Polo Sur ten luz as 24 horas.
A causa da órbita elíptica da Terra o inverno dura menos no hemisferio norte que no sur, por que en xullo prodúcese o afelio durante o inverno austral e en xaneiro o perihelio durante o boreal. O afelio é o punto mais que está mais lonxe da órbita dun planeta ao redor do sol, e o perihelio e o punto mais achegado a órbita dun corpo celeste ao redor do sol.
Nesta estación fai moito mais frío comparándoa coas outras tres. Esta característica aumenta a medida que nos afastamos dos trópicos e nos achegamos aos polos.
UNHA EXPLICACIÓN MITOLÓXICA:
Na mitoloxía grega Hades, o deus do inframundo, raptou á fermosa Persépone para facela a súa esposa. Zeus ordénalle a Hades que a devolva e lla entregue a Deméter, deusa da Terra, e a súa nai. Sen embargo Hades engana a Persépone e faille comer unhas sementes de granada (comida do inframundo) o que lle obriga a quedarse alí para sempre. Deméter sen a súa filla non ten felicidade e non coida a Terra. Zeus vendo a Terra desolada propúxolle un trato a Hades, que Persépone pasase seis meses con Deméter e seis meses con Hades, así a Terra no tempo que está con Deméter provoca a primavera e o verán e no tempo que está con Hades o outono e o inverno.