A cebada
8 Novembro 2014
A cebada é un cereal que se cultiva desde tempos moi antigos. Xa foi coñecida no antigo Exipto e por gregos e romanos que a utilizaban para facer pan.
Ata o século XVI, en Inglaterra, so estaba permitido consumir pan de cebada, xa que o pan de trigo era para a clase alta.
Úsase como alimento para o consumo humano, como alimentos para os animais, para a obtención de mostos para a elaboración de cervexas, para destilar na fabricación de whisky escocés e xenebra holandesa e en numerosas aplicacións medicinais.