Catástrofe medioambiental no Canadá

7 Septembro 2014
mina Mount Polley

O pasado catro de agosto estoupou a balsa de lodos da mina de ouro e cobre Mount Polley (Columbia Británica, Canadá) liberando 5 millóns de metros cúbicos de lodos con arsénico, mercurio e xofre.

Os resíduos (un volume de auga contaminada equivalente a 2.000 piscinas olómpicas) foron parar ao regato Hazeltine que desemboca no lago Quesnel que, á súa vez, alimenta aos ríos Quesnel e Cariboo. A pesar de que é unha área con pouca poboación os habitantes da zona non poden empregar a auga dos ríos nin pescar. Toda a zona vai quedar contaminada polos metais tóxicos durante un longo tempo e as consecuencias medioambientais aínda se descoñecen.

Unha mostra máis dos perigos deste tipo de explotacións para o mediambiente a e saúde das persoas. Recordemos que hai proxectada unha mina destas característica en Corcoesto (Bergantiños) que provocou unha gran oposición veciñal.
mina Mount Polley