Canto poderíamos vivir?

3 Maio 2014
anciáns

O soño de todos é vivir o máximo posible, e así poder gozar máis da vida. Pero é posible? Que é o que haberá que facer para facer realidade este soño?

É certo que se relacionou sempre  a larga vida coa comida sa, o deporte ou non consumir alcohol nin tabaco, pero tamén é certo que houbo moita xente que chegou aos 100 anos ou case, permitíndose comer ¨mal¨, é dicir comendo os dóces, comida rápida ou semellantes, fumando e bebendo, e aínda así viviu máis ca outros que practicaban deportes ou tiñan unha dieta moi rigurosa.

Entón cal é a fórmula para poder vivir durante máis tempo?

Os consellos máis habituais son a risa, ser optimista, combater o estrés, o exercicio mental,a vida social... entre outros.

Cientifícos e xerentolóxicos son categóricos coa resposta plantexada anteriormente, segundo eles deberíamos vivir entre os 120-150 anos.

100anos

Pero está claro que isto actualmente na nosa sociedade non ocorre así, ao que responden que é a consecuencia dun modo de vida anormal ou de circunstancias persoais, sen esquecernos das enfermidades xéneticas ou que veñen xuntos cos anos.

A todo o anterior hai que sumarlle a contaminación do aire, o traballo físico, problemas familiares...

Resumindo, todos queremos chegar a prolongar a nosa existencia, a solución deste problema é un tema un tanto dificultoso, pero iso si, non é imposible xa que existen varios casos de persoas que alcanzaron os 120 anos ou incluso os 122. Se isto chega a facerse realidade, a vida e a sociedade sería completamente diferentes.