Cando chega a primavera... collemos a carreta
6 Abril 2011
Quince días antes da carreira dos institutos, tres alumnos e tres alumnas de 2ºESO A presentámonos como voluntarios para limpar o camiño polo que entramos na carreira. En dúas horas, arrincamos herbas, limpamos papeis, quitamos pedras e acarretamos malas herbas. Logo propuxéronnos limpar o estanque e aceptamos, axudándolle á profesora a quitar herbas secas e tamén a tiralas finalmente nos contedores. Pasámolo ben, e axudamos a limpar o instituto. Un grupo de 1º de ESO continuou co traballo nos días seguintes.