Camiñando pola serra do Xistral
Era polo mes de Agosto, cando fai moita calor, despertei moi cedo no balneario de Vilalba, un ducha moi rápida, un bo almorzo e saída camiño do Cadramón.
O ceo era azul, pero aló, ao lonxe, polo norte, víase un masa de nubes importante... poderiámos facer a travesía? Despois de pasar Abadín, chegando xa ao Cadramón, sorprendeunos unha chuvia horizontal. Facía vento e todo estaba cuberto por unha brétema espesa. Recordábame a que miña nai chamaba “brétema augenta do río”. Subimos ao monte, saímos do coche, pero non viámos mais aló dun metro diante dos pés. Baixamos o Cadramón pensando onde poderiámos pasar o día, pero preguntámolle polo tempo a un vaqueiro que nos dixo: “Non é día de bretema, polo outro lado xa está limpo”.
Volvemos subir outra vez ao Cadramón, e o que antes era una masa de brétema, agora era todo luz e claridade, só tiñamos o vento que nos entraba polo nordeste e, comezamos a ruta.
Todas as rutas son emocionantes, pola paixase, polo reto de facela, polo intrincado do camiño, pero esta ten algo mais, tes que guiarte pola paisaxe, non hai camiño, vas desde o Cadramón ao Xistral, guiándote polo que ves.
O camiño é moi entretido, vas vendo as turbeiras, os aeroxeradores, porque hainos polos catro puntos cardinais, hai tantos, parece que os descubriron alí; as vacas, están moi bonitas, están moi gordas e mirannos con cara de extrañeza unhas e con curiosidade outras. Os cabalos nin siquera se achegan para mirar para nós.
Despois de baixar o Cadramón, camiñamos cristeando con subidas e baixadas, ata tivemos que pasar entre os arames de espiño que pechaban as propiedades. As vistas eran moi boas. Ao fondo Viveiro, Estaca de Vares, A Capelada...
Cando subimos ao Xistral, volvíanse ver nubes polo norte. Era o momento de dar volta, tiñamos que guiarnos polo cume do Cadramón. Levabamos o vento de cara, pero lucía o sol que daba gusto. A neboa empezou a asomar aos poucos, o vento levabaa outra vez, por momentos non viamos os aeroxeradores do Cadramón, pero de súpeto relucían coma se fosen de prata.
Cando chegamos á base do Cadramón só faltaban700 mata o cume, cun30% de desnivel. A min parecíame que habia algún descanso, pero non, era todo seguido. A néboa fixo aparición de novo o que daba a sensación de que o camiño ía estirando, pero por fin chegamos á cima... e non sabedes que ben sabían os bocadillos que comemos sentados nunhas penedas!
RUTA: O Cadramón- O Xistral- O Cadramón
Unha camiñada de ida e volta por un espazo único, entre os dous cumes máis representativos do Xistral, para gozar das especiais características do medio e de excelentes panorámicas da serra e do seu contorno .
Distancia:10 km
Duración: 4 horas
Dificultade: media
COMO CHEGAR:
Accedese desde a estrada que comunica Abadín (Terra Cha) con Ferreira (O Valadouro). Na zona dos cumes cóllese un desvío que vai á estación do parque eólico e que nos leva ata o cume do Cadramón.
Iniciamos a ruta no cume do Cadramón para que a posición do sol, ás nosas costas, non interfira nas vistas, baixamos por un “cortalumes” de forte pendente ata o pé do monte, e camiñamos polo mesmo, que segue a liña dos cumes, ata chegarmos a un peche de arame, pasamos ao outro lado e, avanzando paralelos a el, coroamos e descendemos as Barreiras do Lago e chegamos ata a estrada que sube ao pico do Xistral que seguiremos no derradeiro tramo. Baixadas as Barreiras do Lago podemos apartarnos do peche, e seguindo un carreiro das vacas, evitar unha pequena lomba e achegarnos á estrada do Xistral un pouco máis adiante.
A volta facémola polo mesmo camiño que remata coa subida pola forte pendente que leva ao cume do Cadramón (algo máis de600 mcun desnivel de case un 30%).