As bolsas de plástico

Como se fan
5 Abril 2012
plásticos-s

Hai anos houbo en Cambados, fronte ao noso instituto, unha fábrica de bolsas de plástico. Falamos cunha persoa que traballou a lí e contounos o proceso:

En primeiro lugar, collíase a materia prima, chamada granza de polietileno e introducíase nas tolvas dunha máquina que se atopaba a unha temperatura moi alta que facía que esa materia prima se fundise e, por medio de aire, esta facía unha especie de globo. Cuns mecanismos que tiña a propia máquina podíanse facer distintas formas (máis altas, grandes, plegadas, abertas por un lado, etc) e logo enrolábase o plástico nunhas bobinas.

A cor do plástico variaba según se quixera por medio duns colorantes, pois o plástico en sí saía incoloro.

Debido as altas temperaturas que alcanzaban estas máquinas e o custoso que era poñelas en marcha (de6 a7 horas) estas permanecían encendidas as 24 horas do día durante toda a semana.

En segundo lugar se o cliente o desexaba procedíase a impresión do plástico (con letras, debuxos, numeros...) na máquina correspondente por medio dunhas plantillas fabricadas anteriormente

Finalmente cortábase o plástico das bobinas segundo o que quixera o cliente, por exemplo: camiseta, supermercado, panadería, boutique, de conxelado...

Os recortes sobrantes, tanto impresos como sen imprimir, separábanse cada un no seu depósito, para reciclar.